martes, 7 de abril de 2015

ASAMBLEA DE CLASE

A Asamblea é o espazo tanto para plantexar e buscar solución a problemas da clase como para planificar proxectos de aula.
Con esta estratexia aprendemos a aceptar, escoitar outras propostas distintas das nosas, respectar en resumo a convivir de maneira democrática.


este vídeo explica o seu funcionamento

Na asamblea favorécese:
  1. A colaboración mutua
  2. O respecto as opinións dos demais. 
  3. Escoita activa, participación de todos e todas.
  4. Reforzase a identidade da cada un.
  5. Danse oportunidades para elexir.
  6. Desenvólvese a autonomía. 
  7. Desenvolvemento da seguridade nun mesmo con asignación de  pequenas responsabilidades.
  8. Permite actividades inclusivas onde todos aportan.
  9. Apoiarse nos puntos fortes de cada un deles, para as propostas do grupo.