lunes, 16 de marzo de 2015

DÉFICIT ESPECÍFICO DE ATENCIÓN


Modelo biopsicosocial da OMS para nenos e nenas inatentos que presentan características biolóxicas, psicosociais, e sociais diferentes a aqueles nenos e nenas que presenta subtipos hiperactivo e impulsivo.


.TDAH INATENCIÓN
                para máis información fai click na imaxe


Os alumnos e alumnas inatentos teñen algúns destes patróns de conduta :


  1.  Tempo cognitivo lento.
  2.  Memoria vaga e dispersa, dificultades na secuencia lineal do discurso, perden detalles importantes.
  3. Cambios das primeiras impresións,son neos e nenas que borran moi a miúdo a tarefa e volven a empezar.
  4. Problemas de Comprensión e Razoamento lóxico.
  5. Problemas para Nominar e Describir, ao ter un tempo cognitivo lento non reteñen ou non son  capaces de evocar.
  6. Pouco activos son alumnos lentos, mostran torpeza na súa autonomía.
  7. Autoobservacións orais, estes alumnos e alumnas repítense o que teñen que facer para fixar detalles específicos da tarefa.
  8. Perden o rumbo da tarefa que está a facer, non captan a información necesariada da explicación do profesor.
  9. Dificultades escolares : presentan máis problemas en comprensión oral e problemas de aprendizaxe, retraso na linguaxe e dificultades na área de matemáticas que aqueles que son hiperactivos.




 No Déficit de Atención específico non hai diferenzas entre o número de casos de nenas e nenos e dáse máis o fracaso escolar, mentres cos hiperactivos presentan máis problemas de conduta.

recollido fundacióncadah.org