domingo, 1 de marzo de 2015

COMO ADAPTAR AS AVALIACIÓNS A NENOS E NENAS CON TDAH


Propostas para avaliar aos alumnos e alumnas que presentan dificultades de atención con ou sen hiperactividade.
Estes alumnos precisan adaptacións na metodoloxía e na avaliación.

Estratexias como :

  1. Aumentar o tempo que teñen para facer a proba. 
  2. Permitirlle facer preguntas, comprobar que a entendido ben as preguntas.
  3. Uso de rotuladores para as palabras clave das preguntas, os alumnos, alumnas con moita dificultade xa terán esas palabras diferenciadas polo mestre.
  4. Simplificación da preguntas, para facilitar a comprensión.
  5. Subdividir a pregunta en varios apartados para facilitar as respostas.
  6. Instruccións claras e  sinxelas.
  7. Utilizar preguntas tipo test, de opción.
  8. Usar reforzos visuais para interpretación correcta de datos.
  9. Situar o alumno cerca do mestre, mestra para facilitar a supervisión.
  10. Evitar que se sente preto a ventá ou da porta polas distraccións. 

Resultado de imaxes para colaboración familia escola

A comunicación coas familias das datas de presentación de traballos, de probas escritas, de materiais que teñen que traer a escola é imprescindible para o desenvolvemento da confianza en se mesmo, autoestima.
Con está colaboración familia-escola está desenvolvendo rutinas como anotar, planificar, prever, revisar na casa que a van a favorecer as funcións executivas alteradas nos déficits atencionais.
Esta colaboración para que o alumno ou alumna non esqueza as cousas, as datas de entrega. "É moi frustrante ter a sensación de que nunca chega a tempo" imos favorecer a motivación, pilar fundamental para que se produza a aprendizaxe.