lunes, 24 de marzo de 2014

Trastorno lecto-escritor Protocolo Alumnado Infantil

Protocolo detección de alumnado de Educación de Infantil con posibles necesidades específicas para un trastorno na lectura
Aínda co diagnóstico definitivo da dislexia non se pode establecer ata que o niño non teña adquirido os mecanismos madurativos que lle permitirán ler, antes dos seis años poden aparecer factores de risco.
A presenza dunha deficiente conciencia fonolóxica sempre debe de ser considerada como o principal factor de risco do futuro disléxico antes dos seis anos, xunto con outros factores:
  •  Atraso na adquisición da linguaxe
  •  Desenvolvemento lento da fala.
  •  Problemas de pronunciación e persistencia de dislalias.
  • Dificultades para adquirir o alfabeto.
  • Problemas para realizar rimas simples.
  • Confusións na denominación das letras.
  • Confucsións na denominación de números.
  • Dificultade para establecer a asociación entre letras e sons.
  • Dificultade para categorizar sons.
  • Problemas para aprender rutinas como os días da semana, o nome das cores a letra das cancións.
  • Torpeza motriz.
  • Desorientación espacial.
  • Confusión no vocabulario que ten que ver coa orientación espacial.
  • Presenza de antecedentes familiares deDislexia.
  • Trastornos de conduta, manifestacións de ansiedade.





Identificar nivel de conciencia fonolóxica no último nivel de Educación Infantil con actividades como:

  • Tarefas de sínteses ( se di a palabra separada en sílabas e o neno/a ten que dicir a palabra completa )
  • Golpeo silábico
  • Categorización do son (identificar que palabra non soa igual cas outras nun grupo de palabras 3-4)
  • Tarefas de rima ( dicir palabras que empezan ou acaban igual )
  • Identificación do fonema inicial ( presentáselle 3 ou 4 debuxos dicíndolle a vez o nome de cada un e pídeselle que sinale cal empeza por unha palabra dada)
Pode servirnos como orientación inicial para levar un seguimento ante unha sospeita de posible dislexia do desenvolvemento o coñecemento de:

Nenas, nenos que ao entrar no colexio presentan:
1. unha adecuada habilidade verbal.
2. Baixa conciencia fonolóxica.
3. Nivel intelectual e outras capacidades cognitivas normais.

Nenas, nenos que procedentes de niveis socioeconómicos baixos presentan:
1. Un atraso nas habilidades pre-lectoras.
2. Presentan atraso non só nas habilidades fonolóxicas, senón tamén na linguaxe oral.
3. O que fai que aínda que sexan capaces de adquirir axeitadamente as habilidades de lectura de palabras, a súa habilidade para comprender poida verse afectada polo seu baixo nivel de habilidade xeral.

Nenas, nenos que teñan unha alteración xeral da linguaxe:
Estes nenos, nenas requiren unha atención diferente daqueles que presentan só unha dificultade fonolóxica.


Bibliografía:
Guía de Dislexia para Educadores. Madrid con la Dislexia.
Actuación en Dislexia de Desarrollo. coordinador Francisco Román Lapuente. Región de Murcia. Consejería de Educación, Ciencia e Investigación 2008
PRODISLEX  protocolos de detección y actuación en Dislexia. Integratek.
Manual de Atención al alumnado con Necesidades Especifícas de Apoyo Educativo derivadas de Dificultades Específicas de Aprendizaje de Dislexia. Consejería de Educación.Junta de Andalucía.











No hay comentarios:

Publicar un comentario